News

Imaxes da conferencia de Joan Ramón Resina na Facultade de Historia

O profesor Joan Ramón Resina (Stanford University, USA) visitou esta semana a Facultade de Historia para participar nun dos Seminarios de HISTAGRA. Velaquí as imaxes desta actividade académica. Joan Ramón Resina é profesor na Stanford University, Departamento literatures, cultures, and languages. Está especializado nas literaturas e culturas europeas modernas, con especial interese nas tradicións españolas e catalás. É Director do Programa de Estudios Ibéricos no instituto Freeman Spogli.
  • Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres

    Despois de estudar a persecución no tempo do Golpe e da Guerra en Galicia, documentamos 80 mulleres asasinadas. Nunha sociedade patriarcal como esta e como aquela, asusta pensar como se exerceu a violencia naquela altura contra as mulleres. É un asunto no que só logramos investigar indicios tan...
  • Conferencia de Joan Ramón Resina

    O vindeiro martes 25 de novembro de 2014, o Profesor Joan Ramón Resina (Stanford University, USA) impartirá un relatorio na Aula 13 da Facultade de Historia, ás 12 h. Joan Ramón Resina é profesor na Stanford University, Departamento literatures, cultures, and languages. Está especializado nas li...
  • Galería de imaxes da conferencia de Alejandro Alonso (Cuny, USA)

    O pasado venres 7 de novembro de 2014, Alejandro Alonso (CUNY, USA) participou como relator nos Seminarios HISTAGRA 2014-2015, coa conferencia Entre a Arcadia e a Barbarie: sobre a imaxinación política do campo na ficción dos anos 40. Velaquí as imaxes da actividade. Alejandro Alonso (Vigo, 19...