Expertos galegos da USC en Historia Rural coordinan un número especial da revista Workers of the World
Expertos galegos da USC en Historia Rural coordinan un número especial co título: Conflitividade no mundo rural contemporáneo: novas lecturas dun vello problema, da revista Workers of the World, nº 5.
Acaba de ser publicado o número 5 (xullo de 2014), da revista Workers of the World, editada pola asociación International Journal on Strikes and Social Conflict. O conflito labrego estivo na base da crise da Antigo Réxime e das revolucións liberais; como loita pola terra focalizando grandes mobilizacións nos sistemas liberais ou despóticos, sexa a favor da reforma agraria (México, 1911, Rusia, 1917, España, 1936, Portugal, 1974) ou da independencia (Irlanda o Finlandia), tamén na emerxencia das novas nacións centroeuropeas despois da Iª Guerra Mundial; despois de 1945 protagoniza a descol...