Imaxes da presentación do libro 'Otras miradas. Sobre golpe, guerra y dictadura' na Facultade de Xª e Hª da USC

As imaxes que acompañamos pertencen á presentación do libro dos Profesores Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga: Otras miradas. Sobre golpe, guerra y dictadura, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

O acto contou coa presenza de Lourenzo Fernández Prieto, Aurora Artiaga e Daniel Lanero Táboas.

A premisa coa que os autores do estudo parten, resúmese na seguinte frase: “Sabemos pouco do pasado e boa parte é mentira”. Entón, que facer coa memoria era o que non sabía a xeración da Transición. Volver a ese pasado é o que levan facendo historiadores e historiadoras desde hai décadas, coincidindo co proceso coñecido como recuperación da memoria histórica. Pero o relato colectivo dese pasado incómodo de golpe, guerra e ditadura mantívose conxelado nos relatos franquistas-antifranquistas pasados polo baruto da reconciliación na Transición. É momento agora de intentar construír un novo relato e temos sobrados fundamentos historiográficos para facelo. Isto é, precisamente, o que realizamos nesta publicación.