Presentación do libro: Otras miradas. Sobre golpe, guerra y dictadura na Fundación Paideia Galiza (A Coruña)

O vindeiro xoves día 20 de novembro ás 20.00h na Fundación Paideia Galiza (A Coruña), o Profesore Lourenzo Fernández Prieto presentará o libro, do que é coutor xunto a Aurora Artiaga: Otras miradas. Sobre golpe, guerra y dictadura. Nun acto no que tamén participarán Xosé Ramón Barreiro Fernández e Francisco Caamaño.
A premisa coa que os autores do estudo parten, resúmese na seguinte frase: “Sabemos pouco do pasado e boa parte é mentira”. Entón, que facer coa memoria era o que non sabía a xeración da Transición. Volver a ese pasado é o que levan facendo historiadores e historiadoras desde hai décadas, coincidindo co proceso coñecido como recuperación da memoria histórica. Pero o relato colectivo dese pasado incómodo de golpe, guerra e ditadura mantívose conxelado nos relatos franquistas-antifranquistas pasados polo baruto da reconciliación na Transición. É momento agora de intentar construír un novo relato e temos sobrados fundamentos historiográficos para facelo. Isto é, precisamente, o que realizamos nesta publicación.
Todos os autor@s fixeron ou están a facer as súas teses no Departamento de Historia Contemporánea e América da USC, con profesores como R. Villares o X. R. Barreiro. A maioría pertence ao grupo Histagra (www.histagra.usc.es
Lourenzo Fernández Prieto (Ribadeo, 1961). Catedrático de Historia Contemporánea. I.P do grupo Histagra. Aurora Artiaga Rego (Mondoñedo, 1960). Profesora titular de Historia Contemporánea. Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Miguel Cabo Villaverde (Santiago de Compostela, 1970). Profesor titular de Historia contemporánea e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela. Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979). Contratado Marie Curie na Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Historia. Francisco J. Leira Castiñeira (Ferrol, 1987). Licenciado en Historia, Máster en Historia contemporánea por la Universidade de Santiago y Máster en Ciencias Documentales por la Universidade da Coruña. Daniel Lanero Táboas (Vigo, 1977). Investigador contratado Ramón y Cajal na Universidade de Santaigo de Compostela e Doutor en Historia Contemporánea. Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, 1976). Profesora contratada de Historia Contemporánea e Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Araceli Freire Cedeira (Arteixo, 1985). Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Xesús Balboa López (Sarria, 1960). Profesor titular de Historia contemporánea, Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Eduardo Rico Boquete. Profesor titular de Historia Contemporánea. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Alba Díaz-Geada (Alfoz, 1985). Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Andrés Domínguez Almasa (Vigo, 1966). Profesor no departamento de Didáctica das linguas, a literatura e as ciencias sociais (USC). Doutor en Historia Contemporánea. Borja Santiago Arnoso (Corcubión, 1986) Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ligazón de interese:
http://www.catarata.org/libro/mostrar/id/959