Galería de imaxes da conferencia de Alejandro Alonso (Cuny, USA)

O pasado venres 7 de novembro de 2014, Alejandro Alonso (CUNY, USA) participou como relator nos Seminarios HISTAGRA 2014-2015, coa conferencia Entre a Arcadia e a Barbarie: sobre a imaxinación política do campo na ficción dos anos 40.

Velaquí as imaxes da actividade.

Alejandro Alonso (Vigo, 1970) é profesor no The Graduate Center, CUNY de Nova York. Está especializado na historia intelectual do s. XIX e no modernismo en literatura. Na actualidade está a investigar sobre as diferentes facetas do rexionalismo, o nacionalismo e a literatura nas novelas españolas. Tamén traballa nun proxecto sobre a construción de institucións literarias españolas durante o período modernista.