Call for panels IIº Congreso International Transicións na Agricultura e a Sociedade Rural

XVI Congreso de Historia Agraria-SEHA # VII Encontro RuralRePort
A Historia Rural está a superar tanto o marco analítico predominantemente nacional ou estatal que a caracterizaba como as perspectivas interpretativas demasiado centradas en Europa e Occidente. Despois do éxito dun primeiro Congreso Internacional (Lisboa-2016), a SEHA e RuralRePort retomamos os reptos globais da investigación en Historia Rural coa organización conxunta dun novo congreso en Santiago de Compostela (Galiza), que se celebrará entre o 20 e o 23 de xuño de 2018.
Neste IIº Congreso eliximos como temática central as Transicións na agricultura e na sociedade rural. Sobre este eixo téntase dar continuidade ao enfoque dunha historia rural transnacional e transcontinental e, tamén, contribuír ao desafío de crear un...