O inacabado como potencia guiou a conversa en Friol da man do Programa de Estudos

Máis de corenta persoas, entre as que se atopan comisarios de arte e investigadores, xuntáronse esta semana en Friol para abordar o fenómeno do urbanismo e a forma de habitar o noso territorio, no marco dunha sesión guiada por Ergosfera, un colectivo de arquitectos que vén traballando desde hai tempo na necesidade de tecer relatos contrahexemónicos arredor dos procesos de construción de vivendas e as formas difusas de habitar o territorio.
A xuntanza celebrada no concello lugués de Friol constituíu o primeiro encontro aberto do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comúns, impulsado pola USC a iniciativa do grupo de investigación Histagra, liderado por Lourenzo Fernández Prieto. Este proxecto sobre os común conta coa coordinación do colectivo Montenoso, que integr...