Videos.1936 UN NOVO RELATO? 80 ANOS ENTRE HISTORIA E MEMORIA

Están a dispoñibilidade os vídeos do Congreso Internacional
1936 UN NOVO RELATO? 80 ANOS ENTRE HISTORIA E MEMORIA
Santiago de Compostela, 18-20 de xullo de 2016
O Congreso sentou as bases para unha reconceptualización da memoria e da historia sobre o golpe, a guerra e a ditadura que deu comezo o 18 de xullo de 1936. No congreso participaron 160 persoas: 50 matriculados, 54 de entrada libre, 36 relatores e 21 comunicantes. As sesións plenarias contaron coa presenza de especialistas internacionais como María Ángeles Egido León, Germán Labrador Méndez, Elina Liikanen, Reyes Mate, Ulrich Winter, entre outros. As conferencias maxistrais desenvolvéronse no Teatro Principal, e constituíron un éxito rotundo, con máis de 100 asistentes por sesión. Os conferenciantes foron, Carlos Castresana, Elisabeth Jelin e Ben KIernann. Ademais, a ofrecida por este último foi realizada con tradución simultánea, o que non supuxo atranco ningún para que máis de 150 persoas asistiran á mesma e na que o Presidente da Deputación da Coruña procedeu á clausura do Congreso.