Actualidade

Inaguración da exposición "Vivir da terra. A loita do campesinado (1925-1975)"

Hoxe venres 3 de outubro, ás 19:00 horas, presentarase no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal" a exposición Vivir da terra. A loita do campesinado galego (1925-1975). No acto intervirán  Daniel Lanero Táboas, profesor da USC, membro do Grupo de Investigación HISTAGRA e investigador principal do proxecto “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”, e Víctor Manuel Santidrián Arias, da Asociación Cultural Sine Nomine. A mostra, deseñada con criterios didácticos é o resultado da colaboración entre o equipo do proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo...