Membros de HISTAGRA no encontro "A terra en Galicia. Pasado, presente e futuro. A cuestión da terra en Galicia" en Lalín

O pasado 30 de setembro o catedrático de Historia Contemporánea e membro do Grupo HISTAGRA Ramón Villares Paz, deu a conferencia inaugural do Encontro "A terra en Galicia. Pasado, presente e futuro". Levaba por título"A cuestión da terra en Galicia".
Nesta mesma xornada, o I.P do Grupo, Lourenzo Fernández Prieto disertou sobre o agro galego, co relatorio "Modernizacións históricas do agro galego".
Por outra banda, o mércores 2 de outubro a investigadora e historiadora de HISTAGRA, Ana Cabana Iglesia participou na mesa redonda "A conflitividade no medio rural", xunto ao profesor de Psicoloxía Luís Fernández Ríos. O debate estivo moderado polo secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia Valentín García.
As tres intervencións encádranse dentro do curso que a UIMP-Galicia desenvolveu ao longo de 2013, nesta ocasión na vila pontevedresa de Lalín entre o 30 de setembro e o 2 de outubro.