Diego Conde participa no XIX Congreso Nacional e X Congreso Iberoamericano de Historia Veterinaria en Madrid

Os días 18, 19 e 20 de outubro celebrarase o XIX Congreso Nacional e X Congreso Iberoamericano de Historia Veterinaria en Madrid.
O sábado día 19 de outubro ás 10.00 horas no marco da Sesión de Comunicacións II participarán os investigadores Diego Conde Gómez (Veterinario, Historia Veterinaria Galega (HISVEGA) e HISTAGRA (USC) coa comunicación "Vacas de papel y tinta. Simbolismo del ganado bovino en los ilustradores gallegos (1900-1936)" (autor da mesma xunto a Manuel Cifuentes Martínez (Director Departamento de Anatomía e Produción Animal, USC) e Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea, Historia Veterinaria Galega (HISVEGA), USC ).