Lourenzo Fernández Prieto imparte conferencias sobre a investigación da Memoria no marco da súa estadía na CUNY (The City University of New York) como Visiting Professor

Durante o mes de outubro de 2013 o investigador e I.P. de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto estará como Visiting Professor no Graduate Center da CUNY impartindo varios seminarios e conferencias neste centro, así como nas universidades de Pittsburh (http://www.pitt.edu/),  Princeton (http://www.princeton.edu/main/) e na  Hofstra University (http://www.hofstra.edu/home/index.html)

Na University of Pittsburgh, o venres 18, impartirá a conferencia "Forgetting and Remembering the Spanish Civil War; www.nomesevoces.net  experience" no Department of Sociology. Convidado polo Director do Departamento: John Markoff (Distinguished U. Professor)

Na Princeton University a conferencia que se celebrará o 21 de outubro leva como título "Historia máis alá da memoria: o proxecto www.nomesevoces.net/ History beyond memory: the proxecto www.nomesevoces.net".

O xoves 24 de outubro no marco do Seminario "Castelao sen memoria: NY e o galeguismo 75 anos despois" organizado polo Program in Hispanic and Luso-Brazilian Literatures and Languages and Xoan González Millán Center for Galician Studies, Lourenzo Fernandez Prieto impartirá a conferencia "Castelao e a memoria do galeguismo republicano" e o venres 25  participará na mesa Os paradoxos da memoria con Germán Labrador (Princeton University), Álvaro Fernández (Queens College, CUNY) e moderada por Pablo García Martínez (The Graduate Center, CUNY).

Ao remate da mesa redonda Fernández Prieto presentará o Proxecto “Nomes e voces” en conversa con Pablo García.
 

Documentos