News

Ciclo 100 anos da guerra que cambiou a sociedade

Hai cen anos, os nosos avós e avoas coñeceron unha guerra que cambiou o seu mundo e mais o noso. Todos os medos, excesos, crises, tamén as ideoloxías, as artes ou as tecnoloxías militares, as organizacións internacionais ou dereitos como o de autodeterminación, naceron da guerra de 1914-1918 e o seu remol. A proximidade cronolóxica da IIª Guerra Mundial, a dos nosos pais, e ter vivido as últimas seis décadas na posguerra iniciada en 1945 fixo esquecer a transcendencia da Gran Guerra para nós. Pensar o futuro nestes tempos de cambio tecnolóxico e científico, de estancamento económico e social, de incerteza ideolóxica e política, require volver visitar o mundo que nos trouxo ata aquí. A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo HISTAG...