Ciclo 100 anos da guerra que cambiou a sociedade

Hai cen anos, os nosos avós e avoas coñeceron unha guerra que cambiou o seu mundo e mais o noso. Todos os medos, excesos, crises, tamén as ideoloxías, as artes ou as tecnoloxías militares, as organizacións internacionais ou dereitos como o de autodeterminación, naceron da guerra de 1914-1918 e o seu remol. A proximidade cronolóxica da IIª Guerra Mundial, a dos nosos pais, e ter vivido as últimas seis décadas na posguerra iniciada en 1945 fixo esquecer a transcendencia da Gran Guerra para nós. Pensar o futuro nestes tempos de cambio tecnolóxico e científico, de estancamento económico e social, de incerteza ideolóxica e política, require volver visitar o mundo que nos trouxo ata aquí.
A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo HISTAGRA, un ciclo de conferencias que pretende achegar ao público as circunstancias e as consecuencias que rodearon a xénese, o desenvolvemento e a hecatombe da primeira gran conflagración que sacudiu á Europa do século XX, contando co enfoque de especialistas que achegan diferentes olladas sobre a I Guerra Mundial desde áreas de coñecemento como a historia, a socioloxía, o cinema e a literatura.
O ciclo está organizado pola Fundación Barrié en colaboración co Grupo HISTAGRA da USC. O coordinador do mesmo, Lourenzo Fernández Prieto é o director científico do ciclo.
O Programa:
8 OUTUBRO / 20.00h / PARANINFO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Relatora: JOANNA BOURKE (Professor of History. Dpt. of History, Classics and Archeology.
Birkbeck College, University of London)
Título: A faciana do descoñecido: a violencia e a Primeira Guerra Mundial
15 OUTUBRO / 20.00h / PARANINFO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Relator: FRÉDÉRIC ROUSSEAU (Professeur d’Histoire Contemporaine à l’Université Paul-Valéry Montpellier III e investigador do CRISES (Centre de recherches interdisciplinaires en sciences humaines et sociales)
Título: É suficiente con ser patriota para ir á guerra? Repensar as mobilizacións de 1914 desde as ciencias sociais
26 NOVEMBRO / 20.00h / SEDE DA FUNDACIÓN BARRIÉ DE A CORUÑA
Relator: ÁNGEL LUIS HUESO MONTÓN (Catedrático de Historia da Arte (Historia do Cinema), Universidade de Santiago de Compostela)
Título: O Cinema, testemuña e intérprete da Gran Guerra
12 DECEMBRO / 20.00h / SEDE DA FUNDACIÓN BARRIÉ DE A CORUÑA
Relator: EDUARDO GONZÁLEZ CALLEJA (Profesor Titular de Historia Contemporánea, Universidad
Carlos III de Madrid)
Título: Niños de espías: a guerra encuberta das potencias belixerantes en España
Máis información:
Grupo de Investigación HISTAGRA Departamento de Historia Contemporánea e América. Facultade de Xeografía e Historia histagra@usc.es
Tfono: 881812734 http://histagra.usc.es/ www.nomesevoces.net
Fundación Barrié
Cantón Grande, 9 15003 A Coruña. España Tel: + 34 981 22 15 25 Fax: + 34 981 22 44 48
http://www.fundacionbarrie.org/http://www.fundacionbarrie.org/es/actividades/conferencias-y-cursos/812