News

Axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan Galego de investigación

O pasado luns 17 de marzo, a investigadora de HISTAGRA, Alba Díaz Geada acadou, en réxime de concorrencia competitiva, unha axuda de apoio á formación posdoutoral do Plan Galego de Investigación co proxecto Cambio estrutural e acción colectiva nas sociedades rurais da segunda metade do S.XX en perspectiva comparada, que será desenvolto nos tres próximos anos, o que a levará a traballar en universidades e con persoal referente nos estudos sobre sociedades rurais contemporáneas. Desenvolvemento do Proxecto: Alba Díaz realizará unha dobre estadía. En primeiro lugar, 6 meses no Laboratoire d´Études Rurales da Universidade de Lyon 2, dirixido polo profesor Jean-Luc Mayaud; e ano e medio na Yale University, no marco do Program of Agrarian Studies, coordinado polo profesor James Scott. Part...