News

A Universidade de Minho concedeu o seu grao de doutor honoris causa ao catedrático Ramón Villares

O fundador e membro de HISTAGRA Ramón Villares foi galardoado onte mércores 17 de xuño co Doutorado Honoris Causa da Universidade de Minho, distinción académica que a institución portuguesa outorga a “personalidades de mérito eminente, que se destaquen nos dominios da ciencia, da educación e da cultura, posuidores dun currículo de gran proxección internacional”. O outorgamento desta distinción fora acordada por unanimidade dos membros da comisión científica do Senado Académico da Universidade portuguesa, neste caso, a proposta do seu Instituto de Ciencias Sociais. No acto de investidura, Villares pronunciou un discurso no que proclamou a necesidade de "desandar vellos camiños e propiciar unhas relacións galaico-portuguesas que recuperen a perspectiva global que defendía Castelao cando...