News

Coloquio sobre a figura do ex presidente da II República, Juan Negrín

O próximo luns día 13 de abril ás 20 h na librería Lume de A Coruña, terá lugar un debate sobre a figura do ex presidente da II República, Juan Negrín, onde participan o historiador e especialista na figura do político republicano Ricardo Miralles e o IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto. Estarán acompañados pola neta de Negrín, Carmen. Coa biografía, Juan negrín. La república en guerra Ricardo Miralles rescata a figura de Negrín, un dos políticos españois máis importantes do s. XX. Tan odiado por uns como admirado por outros, este canario resulta unha personaxe imprescindible para completar un período crucial da historia de España: o final da República, a guerra civil e o exilio dos vencidos. Sobre estas cousas e outras, realizarase un debate de sumo interese. Ligazóns: Fundaci...
  • Conferencia do Profesor Pedro Lago nos Seminarios de Histagra 2014-2015

    O vindeiro día 27 de marzo ás 12h, na Aula de máster do Departamento de Historia Contemporánea e América. Fac. Xª e Hª, celebrarase o Seminario de Pedro Lago Peñas: ¿Por qué solidaritat catalana se presenta a las elecciones generales de 1907? A través da súa conferencia,  Pedro Lago Peñas reflex...
  • HISTAGRA e Ateneo Ferrolán organizan unha exposición sobre Hildegart

    O próximo xoves 12 de marzo ás 19 h. no 2º andar da  Facultade de Xeografía e Historia o Ateneo ferrolán e o Grupo HISTAGRA  inauguran a  Exposición sobre o Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira  (Madrid, 1914-1933). Hildegart foi unha muller relevante no seu tempo. Con 18 anos, xa tiña...
  • Pepe Sendón presenta a obra: 'Falando claro'

    FALANDO CLARO é unha reconstrución da vida aventureira dun personaxe único a través dos textos que nos deixou. Por medio deles transitaremos pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Grande Depresión, pola vitalidade dos primeiros días da República...
  • O II Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia comeza en Humanidades

    Na Facultade de Humanidades (Campus de Lugo) entre o 26 de febreiro e 21 de abril, estase a desenvolver o II Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia. Un evento que naceu inicialmente orientado cara o estudantado da Escola Politécnica Superior, como unha ferramenta formativa complementaria para ache...