Actualidade

HISTAGRA organiza Agrobiodiversity Summer School 2026 no CISPAC

Agrobiodiversity Summer School, unha acción formativa sobre a sustentabilidade dos sistemas alimentarios O CISPAC impulsa esta iniciativa sobre agrodiversidade na que intervén persoal do grupo de investigación Histagra Xa está en marcha en Santiago de Compostela unha nova edición da Agrobiodiversity Summer School, un curso de formación internacional centrado na agrobiodiversidade e na sustentabilidade dos sistemas alimentarios que conta con case 30 participantes procedentes de oito países. A iniciativa está impulsada polo Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), do que forma parte a USC, en colaboración co grupo de investigación Geography of Food da Zurich University of Applied Sciences (ZHAW) e o Research Institute of Organic Agricul...