Actualidade

HISTAGRA acada un importante éxito na última convocatoria do Programa Ramón y Cajal (MINECO)

O Grupo de Investigación HISTAGRA acadou un importante éxito na última convocatoria (2013) do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO). O Investigador de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas foi o primeiro dos oito candidatos seleccionados na Área Científica “Historia y Arte”. É a primeira vez, dende a creación do Programa Ramón y Cajal en 2001, que un investigador/a do Depto de Historia Contemporánea e de América da USC obtén este contrato de investigación. Daniel Lanero formalizou o pasado mes de novembro un acordo de incorporación coa USC para desenvolver a súa actividade investigadora durante os vindeiros cinco anos no marco do Depto de Historia Contemporánea e de América e do Grupo de Investigación HISTAGRA. Traballará, principalmente, na liña de inve...
  • Fotografías da conferencia Alejandro Alonso no ciclo 'Pasados Incómodos'

    Velaquí as imaxes da conferencia que Alejandro Alonso pronunciou o pasado 16 de decembro, no marco do Ciclo Pasados Incómodos na Facultade de Historia. A conferencia titulada Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo, está baseada na investigación que o...
  • Premio de Investigación para o membro de HISTAGRA Araceli Freire Cedeira

    A investigadora de HISTAGRA Araceli Freire Cedeira ven de ser premiada co I Premio de Investigación Jesús García Calvo que concede o IDEGA e a Fundación Feiraco. Segundo as entidades convocantes: O traballo Conflitividade social no medio rural galego (1939-1975): O caso dos montes veciñais en...
  • Fotografias do seminario de Alejandro Quiroga

    O pasado día 5 HISTAGRA organizou un novo seminario que contou coa presenza do investigador da Newcastle University, (Reino Unido) Alejandro Quiroga. Quiroga ofreceu a conferencia "De Franco a Naranjito. Fútbol e identidades nacionales durante la transición", actuando de retrucante o membro de H...
  • Conferencia ciclo 100 anos da guerra que cambiou a sociedade

    O vindeiro venres 12 de decembro ás 20.00h, na sede da Fundación Barrié  en A Coruña, o Profesor Titular de Historia Contemporánea Eduardo González Calleja (Universidad Carlos III de Madrid) impartirá a conferencia Niños de espías: a guerra encuberta das potencias belixerantes en España Aínda qu...
  • Rural History 2015 Conference. Girona

    Entre os días 7 e 10 de setembro de 2015 a Sociedad Española de Historia Agraria (SEHA) e o Centro de Investigación de Historia Rural da Universitat de Girona organizan una nova edición da Conferencia de Historia Rural que nesta ocasión se desenvolve na capital catalana (http://www.ruralhistory.eu...