Publicación de 'Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and rural modernization, 1922-1945', editado por membros de HISTAGRA

A editorial Brepols ven de publicar o traballo Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and rural modernization, 1922-1945, editado polos membros de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde xunto ao profesor da UAM Juan Pan-Montojo.
As políticas agrarias do fascismo non foron estudadas desde unha perspectiva comparada até agora. Este volume ofrece unha visión xeral así como novas ideas referentes a Italia, Portugal, Hungría, Alemaña, Austria, España, Xapón e a Francia de Vichy. O consenso que se desprende de cada unha das contribucións é que as políticas agrícolas e rurais dos réximes fascistas tenden cara a modernización e que en moitos deles as iniciativas levadas a cabo nas décadas posteriores á guerra e na revolución verde eran moi semellantes...