Ciclo de Conferencias: Pasados Incómodos: Guerra, Memoria e Historia 2016-2017

O Grupo de Investigación HISTAGRA continúa co ciclo de conferencias PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA, no que participan especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.
O Grupo de Investigación HISTAGRA (http://histagra.usc.es/es/) ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias.
Damos continuidade ao ciclo que comezamos en xaneiro de 2014. A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria que segue a ser un dos vértices das políticas publicas e da investigación histórica. O ciclo servirá para dar a coñecer e difundir novas perspectivas e contrastar puntos de vista e achegas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento actual.
O Programa é:
02/11/2016_Título: Usos sociales de la historia y de las memorias: poderes en juego
Relator: Juan Sisinio Pérez Garzón (Universidad de Castilla La Mancha)
Hora: 12 h
Lugar: Sala de profesores. Facultade de Historia
16/01/2017_Título: "Palabras incómodas: democracia y guerra civil en perspectiva histórica".
Relator: Rafael Cruz Martínez (Universidad Complutense de Madrid)
Hora: 12 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13
30/03/2017_Relator: Jordi Guixé Coromines (EUROM e Universitat de Barcelona)
Hora: 12 h
Lugar: Facultade de Historia. Sala de Profesores
30/05/2017_Relatora: Ismee Tames (NIOD, Países Baixos)
Hora: 12 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13
27/06/2017_Título: Guinea Ecuatorial: un pasado colonial incómodo
Relatora: Benita Sampedro Vizcaya (Hofstra University, USA)
Hora: 12 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13