Publicación de 'Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and rural modernization, 1922-1945', editado por membros de HISTAGRA

A editorial Brepols ven de publicar o traballo Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and rural modernization, 1922-1945, editado polos membros de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde xunto ao profesor da UAM Juan Pan-Montojo.

As políticas agrarias do fascismo non foron estudadas desde unha perspectiva comparada até agora. Este volume ofrece unha visión xeral así como novas ideas referentes a Italia, Portugal, Hungría, Alemaña, Austria, España, Xapón e a Francia de Vichy. O consenso que se desprende de cada unha das contribucións é que as políticas agrícolas e rurais dos réximes fascistas tenden cara a modernización e que en moitos deles as iniciativas levadas a cabo nas décadas posteriores á guerra e na revolución verde eran moi semellantes. Así, desde esta perspectiva, a era fascista aparece menos como unha “aberración” e máis como unha parte integral no proceso global da "modernización" agraria, un proceso cuxos méritos están sendo postos en dúbida.

Esta publicación ten a súa orixe no Seminario Fascism and Agriculture, organizado polo Grupo HISTAGRA na USC en febreiro de 2011.

Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and rural modernization, 1922-1945, conta coa coordinación editorial dos membros de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde. Amais, hai contribucións de Daniel Lanero Táboas, “The Portuguese Estado Novo:Programmes and obstacles to the modernization of agriculture, 1933-1950” e Ana Cabana Iglesia e Alba Díaz-geada, “Exploring modernization: agrarian fascism in rural Spain, 1936-1951”.

Esta publicación pode ser mercada la Librería Encontros de Santiago de Compostela

Ligazóns de interese:

http://www.brepols.net/Pages/ShowProduct.aspx?prod_id=IS-9782503552484-1
http://histagra.usc.es/gl/nova/4ee72a6222304/