Galería de imaxes da conferencia inaugural Máster Historia Contemporánea

O pasado martes 23 de setembro, José Luis Díaz y Reynade inauguraba o Máster Historia Contemporánea, na Facultade de Historia, coa conferencia: Vida y asesinato del médico republicano de O Incio: el recuerdo individual, el imaginario regional y la memoria histórica.

José Luis Díaz Gómez naceu en Ciudad de México en 1943. Graduouse como médico cirurxián na Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) en 1967 cunha tese dirixida por Dionisio Nieto. Nesta mesma universidade comezou unha carreira académica como investigador que aínda continúa.. A comezos dos anos 70 ampliou a súa faceta como investigador nos Laboratorios de Investigación Psiquiátrica da Universidade de Harvard e do Hospital Xeral de Massachusetts en Boston ( E.U.A) a cargo do Profesor Seymour S. Kety. Actualmente é investigador titular “C” no Departamento de Historia y Filosofía de la Medicina da Facultad de Medicina da UNAM.