HISTAGRA no Congreso da Asociación de Historia Contempránea de 2025

Varios investigadores e investigadoras do Grupo participan entre o 9 e o 11 de xullo no XVII Congreso da AHC Até 12 membros de HISTAGRA participaran a partires do mércores 8 de xullo na XVII edición do Congreso da Asociación de Historia Contemporánea, que se celebra en Valencia. nesta ocasión, o congreso versará sobre O mundo contemporáneo desde o século XXI. Balance e perspectivas Segundo os organizadores, "As primeiras décadas do século XXI véñennos mostrando con inusitada virulencia a futilidade das profecías sobre o “fin da historia”. Atopamos á vista un presente pleno de novos -e non tan novos- retos, movementos, conflitos, crises e ideas que reclaman unha análise enraizada na perspectiva histórica. Ao tempo, o coñecemento histórico vén expandindo e enriquecendo con novos en...