HISTAGRA no Congreso da Asociación de Historia Contempránea de 2025

Varios investigadores e investigadoras do Grupo participan entre o 9 e o 11 de xullo no XVII Congreso da AHC
Até 12 membros de HISTAGRA participaran a partires do mércores 8 de xullo na XVII edición do Congreso da Asociación de Historia Contemporánea, que se celebra en Valencia. nesta ocasión, o congreso versará sobre O mundo contemporáneo desde o século XXI. Balance e perspectivas
Segundo os organizadores, "As primeiras décadas do século XXI véñennos mostrando con inusitada virulencia a futilidade das profecías sobre o “fin da historia”. Atopamos á vista un presente pleno de novos -e non tan novos- retos, movementos, conflitos, crises e ideas que reclaman unha análise enraizada na perspectiva histórica. Ao tempo, o coñecemento histórico vén expandindo e enriquecendo con novos enfoques e debates, frecuentemente dispersos nun mar virtual de publicacións e ámbitos de investigación. Por iso, o XVII Congreso da Asociación de Historia Contemporánea exponse como un espazo desde o cal tentar ofrecer balances e perspectivas que reflictan o estado actual da historiografía contemporaneísta, a partir das problemáticas e os interrogantes propios do século XXI. O seu obxectivo é propiciar un diálogo necesario entre investigadoras e investigadores, do ámbito da Historia ou doutras disciplinas afíns, que sirva para o intercambio de enfoques e aproximacións historiográficas, para pulsar a situación presente e os rumbos futuros da investigación en Historia Contemporánea e, á súa vez, para abordar os problemas fundamentais do mundo actual desde a súa necesaria perspectiva histórica. Partimos para iso da necesidade de conxugar no estudo do pasado tanto a análise dos suxeitos históricos e das súas experiencias individuais e colectivas, como o dos procesos históricos que marcaron o devir do mundo contemporáneo nas súas múltiples escalas espazo-temporais, desde o global ao local, así como a propia reflexión teórica e metodolóxica sobre a nosa disciplina.
A presenza de HISTAGRA é:
Obradoiros coordinados:
Barral Martínez, M e Alicia Mira Abad: Los males de la patria: metáforas, imágenes y diagnóstico sobre la crisis sociopolítica entre los siglos XIX-XX
Fernández Prieto, L. Gonzalez de Molina, M.: A agricultura e o mundo rural na España contemporánea: Hai que cambiar o relato?
Otero González, U. e Natalia Núñez-Bargueño: Historiar desde os armarios: a vestimenta como ferramenta de análise histórico para a época contemporánea
Comunicacións presentadas:
Antelo, X. (2025): El sindicalismo agrario gallego y la democratización del mundo rural. El caso de la comarca de A Barcala
Cabo Villaverde, M. (2025): El debate sobre los procesos de nacionalización en España: un replanteamiento desde la historia rural
Díaz Geada, A. (2025): Movimiento agrario, sindicalismo campesino y democracia antiimperialista (Galiza, 1964 - 1982)
Esperante Paramos, B. (2025): Más humanos y menos sacrificados: crítica a la modernización en el mundo rural en Galicia
Fernández Blanco, M. (2025) : Abriendo caminos, recuperando memoria: la política municipal de la comarca gallega de O Condado en perspectiva de género (1979-1991)
Lanero Táboas, D. (2025): En los orígenes de la especulación inmobiliaria en las Rías Baixas gallegas: la urbanización Balea Marítima y la respuesta de la comunidad local (1970 – 1980)
López Fernández, T. (2025): Ni contigo, ni sin ti. Violencias cotidianas hacia las prostitutas en tiempos de Franco,
Mosteiro Cagide, V. (2025): Comunidad y arquitectura doméstica. La construcción histórica de espacios e identidades en las viviendas de la Galiza rural (siglos XIX – XX),
Otero González, U. (2025) e Conchi López: Huellas materiales y ‘memorias sartoriales’ en las fosas franquistas intervenidas en Galicia (2021-2024),
Ribeiro De Matos, Vitor Gustavo (2025): ¿Enemigos de la verdad o del partido? El caso de los movimientos anti-soviéticos entre la intelligentsia científica de la URSS,
Soto Fernández, D. e Gloria I. Guzmán Casado (2025): Del debate del atraso al debate sobre las consecuencias del proceso de industrialización en la historiografía agraria en España. Aportaciones desde el Metabolismo Social y la Agroecología,
Valiño Vázquez, N. (2025): Los ángeles del hogar caídos en batalla: violencia doméstica contra las mujeres en Galicia (1936-1973)
Máis información:
https://ahistcon.org/congresos/xvii-congreso-ahistcon/