Un proxecto de HISTAGRA seleccionado para un Encontro do Ministerio de Cultura

O Programa de Estudos en Man Común Feminismos, Ruralidades e Comúns (PEMAN) impulsado polo grupo de investigación HISTAGRA e coordinado polo Colectivo Montenoso e no que participan diversos colectivos e institucións, foi seleccionado para participar no III Encuentro Cultura y Ciudadanía organizado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
O PEMAN é un espazo de pensamento experimental que ten como obxectos de estudos os comúns, as ruralidades e os feminismos e procura adaptar os mecanismos de xestión e gobernanza dos montes veciñais en man común a un programa de estudos. Ao longo do 2016 e 2017 foronse sucedendo diversos encontros e xornadas de traballo que están documentadas na propia web do proxecto.
A participación do PEMAN neste encontro acredita a aposta do grupo de inve...