Seminario: "1936: Posibilidades e límites dun novo relato"

Lugar de celebración: Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña)
Data: 18 - 19 de xullo de 2017
Horario: 09:30 - 13:30 // 15:30 - 20:00

O martes 18 de xullo celébrase no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) o Seminario "1936. Posibilidades e límites dun novo relato", como continuidade do Congreso "1936 Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria" e da Exposición "80 anos. Santiago 1936" que os Grupos de investigación da USC HISTAGRA e LG organizaron o ano pasado.
Un grupo de investigadores das universidades de Santiago, Princeton (USA), UAM, Trent  (Canadá), UPV, Almería e o CSIC debaterán sobre este tema nunha xornada que se desenvolverá nun día enteiro. Ademais, realizarase unha visita ao parque do Pasatempo ao día seguinte.
Dende a perspectiva da historiografía, os estudos culturais e literarios, a filosofía, o dereito e o xornalismo os participantes afrontarán a necesidade e a forma de construír un novo relato sobre o golpe de 1936 e o pasado incómodo resultado del. As sementes deste seminario converteranse nun libro nos próximos meses.

Participantes: Antonio Cazorla (Trent University, Canadá), Carlos Gil Andrés, Jesús Izquierdo (UAM), Ángel Loureiro (Princeton University, USA), Miguel Anxo Murado, Mª José  Olaziregui (EHU), Óscar Rodríguez Barreira (Universidad de Almería), Lourdes Otaegui (EHU), Reyes Mate (CSIC), Xermán Labrador (Princeton University, USA), Carlos Teijo (USC), Lourenzo Fernández Prieto (USC), Dolores Vilavedra Fernández (USC) e Antonio Miguez Macho (USC).

Documentos