Call for Papers: "Da innovación campesiña a un modelo de especialización leiteira baixo a Revolución Verde: Europa no século XX"
Santiago de Compostela, 15 de Diciembre de 2017
GDRI Agriculture, Approvisionnement, Alimentation
Fecha límite: 30 de Junio de 2017. Envío de propuestas a histagra@usc.es
Organizado por Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero (Grupo de Investigación HISTAGRA – Universidade de Santiago de Compostela)
No fin da Segunda Guerra mundial, a gandería bovina atravesaba por unha profunda crise en Europa occidental, derivada tanto das destrucións da guerra como da contracción do comercio internacional, que afectou á importación de pensos para a súa alimentación. Do mesmo xeito, a presenza de produtos animais (carne, leite, ovos…) na dieta da poboación europea, atopábase aínda lonxe dos niveis de preguerra.
Tanto a gandería de vacún como o consumo de proteínas animais comezaron a se...