Conferencia de Benita Sampedro Vizcaya

O próximo  martes día 27 de xuño ás 12 horas, a profesora Benita Sampedro Vizcaya (Hofstra University, New York) ofrecerá unha conferencia dentro do ciclo Pasados Incómodos que organiza o Grupo HISTAGRA. Será na aula 13 da Facultade de Xeografía de Historia.

Data: 27/06/2017
Título: Guinea Ecuatorial: un pasado colonial incómodo
Relator: Benita Sampedro Vizcaya. Hofstra University, USA.
Hora: 12 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13

 

Sobre a Relatora:

Benita Sampedro Vizcaya é profesora na Hofstra University (New York) e especialízase no colonialismo español en África e en América latina, as relacións transatlánticas, os procesos de descolonización, e os legados coloniais. Ten publicacións sobre colonialismo e biopolítica, historiografía e arquivos coloniais, fronteiras e ruínas. Está a rematar un libro sobre os cincuenta anos de deportacións políticas de cubanos á illa presidio de Fernando Poo na segunda metade do s. XIX: Deportee Narratives and Atlantic Translatability. From Cuba to Fernando Poo and Back.

 

Ligazóns de interese:
http://www.hofstra.edu/faculty/fac_profiles.cfm?id=1313
https://hofstra.academia.edu/BenitaSampedro
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/benita-sampedro-desde-finales-de-los-90-en-guinea-ecuatorial-ha-habido-grandes-cambios-economicos-y-sociales/idEdicion-2015-01-24/idNoticia-912256/

Documentos