Actualidade

HISTAGRA colabora no disco Son da Memoria de Seso Durán

  O Grupo HISTAGRA, participa como colaborador na canción TODO do disco Son da Memoria do artista Seso Durán. Trátase dun traballo que xira ao redor da violencia desatada polos golpistas en Galicia a partires do 18 de xullo de 1936.   Pódese ver un avance aquí Máis información no anexo  
  • Suspendida a conferencia de Paloma Aguilar

      Dende o Grupo HISTAGRA informamos que debido a problemas de axenda de última hora, vémonos na obriga de suspender a conferencia que a profesora Paloma Aguilar ía ofrecer no Ciclo Pasados Incómodos: Guerra, Memoria e Historia 2016-2017. Agardamos poder contar con ela para o curso 2017-2018....
  • Conferencia de Ismee Tames

    O próximo  martes día 30 de maio ás 12 horas, a profesora Ismee Tames (Universiteit Utrecht, Países Baixos) ofrecerá unha conferencia dentro do ciclo Pasados Incómodos que organiza o Grupo HISTAGRA. Será na aula 13 da Facultade de Xeografía de Historia. Data: 30/05/2017 Titulo: Dutch Nazi-co...
  • Volven os encontros do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN)

    Volven os encontros do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN), e desta volta tratarán en torno a metodoloxías imaxinarias, sobre a performatividade, e a investigación-acción. Será o sábado 27 de maio no Museo de Arte Contemporanea de Vigo (MARCO) onde terán lugar dous encontros nos que poremos e...
  • Estadía de Agustín Juncal como investigador visitante en HISTAGRA

    Informamos de que o estudante de postgrao da Universidad de la república, Agustín Juncal vai estar dous meses de estadía no Grupo HISTAGRA completando a súa formación. Agustín Juncal é docente na Universidade de la República de Uruguay, onde acadou o grado de maestría en historia política na fac...