Volven os encontros do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN)

Volven os encontros do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN), e desta volta tratarán en torno a metodoloxías imaxinarias, sobre a performatividade, e a investigación-acción. Será o sábado 27 de maio no Museo de Arte Contemporanea de Vigo (MARCO) onde terán lugar dous encontros nos que poremos en práctica diversas estratexias de intercambio de aprendizaxe e de diálogo de saberes.
Dende as 11:30 as 14:30 terá lugar a Sesión ¡CHUCHPAKUY COMPAÑEIRAS!: Laboratorio de Metodoloxías Imaxinarias Comunais, conducido e mediado por María Fernanda (Mafé) Moscoso. Neste encontro analizaranse os lazos de interdependencia e de solidariedade, é decir, as estratexias de resistencia comunais que teñen lugar nas zonas rurais en España. Moscoso propón reflexionar e imaxinar o común nas zonas rurais do Estado á luz das experiencias coa comunidade da Pitana Alta (Ecuador), intercambiando aprendizaxes e compartindo saberes. O seu obxectivo é por en común unha serie de ferramentas metodolóxicas dirixidas a reflexionar e fortalecer os lazos comunitarios entre distintos grupos e actores sociais que conviven nas zonas rurais en España.
Mafé Moscoso, doutora en Antropologia por la Freie Universität Berlin, coordina entre outras moitas accións, o proxecto de Pedagoxía, Arte e Investigación Toma (r) Madrid: Artegrafias Decoloniales en INTERMEDIAE-MATADERO. Esta sesión é o resultado da convocatoria para dinamizar as sesións do PEMAN e foi seleccionada polas propias persoas participantes no PEMAN, que se configuran como comuneiros e comuneiras do mesmo.
A partir das 17:00 ata ás 19:30 terá lugar o Obradoiro Performando "Alén dos Xéneros". Neste obradoiro propóñese facer unha visita performada da exposición que está a ter lugar no MARCO na actualidade. Apropiarémonos do espazo da expositivo de "Alén dos Xéneros", facendo unha lectura performativa das pezas e da narrativa da curadora, achegándonos á exposición dende ós intereses e ós afectos dos participantes utilizando o corpo e a consiencia. Este obradoiro, mediado por Carmen Platero, María Novas e Lara Dopazo, comuneiras do PEMAN, conta coa colaboración da comisaria da exposición Anxela Caramés.
Esta xornada está aberta á participación, mais cómpre anotarse a través do e-mail: info@estudosenmancomun.gal indicando nome e apelidos e o interes en participar (a actividade é gratuíta). Para participar na actividade Performando "Alén dos Xéneros", recoméndase visitar a exposición con anterioridade.
Esta sesión enmárcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos, espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, e o colectivo de praxe contemporánea Montenoso, e que conta co apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso.
Máis información en: http://estudosenmancomun.g al/events/laboratorio-metodolo xias-imaxinarias/