Obradoiro “Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas”.

HISTAGRA organiza o obradoiro “Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas” O Grupo HISTAGRA, xunto ao CISPAC, organizan o obradoiro “Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas”. O acto está organizado no marco das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza para 2023. Esta sesión de traballo pretende xuntar diferentes experiencias de investigación-acción participativa para poñer en común traxectorias, metodoloxías e oportunidades. A primeira parte do obradoiro consistirá na presentación de tres proxectos. O primeiro poñente será Pablo López Gómez, arqueólogo e intérprete do patrimonio do grupo LLABOR e do Centro D’Investigación y Ecomuséu La Ponte. Logo participará Jaime Izquierdo Vallina, actual Comisionado para o Re...