HISTAGRA consegue un contrato Ramón y Cajal

HISTAGRA consegue un contrato Ramón y Cajal

 

A investigadora de HISTAGRA, Alba Díaz-Geada, ven de conseguir unha axuda para contratos Ramón y Cajal. 

 

A finalidade desta axuda é promover a incorporación en organismos de investigación de persoal investigador, tanto español como estranxeiro, cunha traxectoria destacada co fin de que adquiran as competencias e capacidades que lles permitan obter un posto de carácter estable nun organismo de investigación do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación, incentivando, especificamente, a incorporación de investigadores e investigadores que leven desenvolvendo durante un determinado período a súa actividade profesional no estranxeiro.

 

A este respecto Alba Diaz-Geada incorpórase ao Departamento de Historia da USC e continuará realizando a súa investigación no Grupo.

 

Alba Díaz Geada (1985) é doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Premio Nacional á Excelencia no Rendemento Académico Universitario acadando o Premio Extraordinario de Doutoramento e Accésit no Premio Miguel Artola coa súa tese de doutoramento "Mudar en común. Cambios económicos, sociais e culturais no rural galego do franquismo e da transición, 1959-1982"(2013). As súas liñas de investigación son: historia agraria e historia social, movementos sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia.