Curso de verán da USC: As fontes documentais para o estudo do monte en Galicia

No mes de setembro, a USC organiza no Campus de Lugo un curso de verán sobre as fontes documentais para o estudo do monte en Galicia. HISTAGRA estará representada a través das conferencias de Ana Cabana Iglesia, “Os consorcios. Os contratos que converteron o monte galego en forestal” e de Araceli Freire Cedeira, “A fonte xudicial, elemento clave para o estudo do monte en Galicia”.
Obxectivos:
Dar a coñecer as fontes documentais relacionadas co espazo forestal custodiadas no Museo Provincial de Lugo e no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.
Posta en valor destas fontes para os investigadores e profesionais que dende eidos diferentes tales como as Ciencias Humanas, Sociais e Xurídicas e as ensinanzas técnicas, veñen centrando a súa actividade investigadora e profesional no ámbito fores...