Colaboración de Daniel Lanero no programa Mateus, dedicado nesta nova edición ao Infinito
Mateus é un programa dirixido a investigadores de todas as áreas científicas que ten como principal obxectivo fomentar o diálogo interdisciplinar entre os novos investigadores. Os participantes comparten e debaten as súas reflexións e a súa investigación nunha perspectiva ampla para incluír con puntos de vista externos á súa área científica. Nesta ocasión as discusións céntranse ao redor do concepto INFINITO.
Cadernos Mateus VIII conta coa colaboración do investigador de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas co traballo: De fronteiras, infinitos e construción das narracións históricas: apuntamentos especulativos
O obxectivo do traballo presentado polo investigador de HISTAGRA Daniel Lanero é reflexionar sobre os conceptos de fronteira e infinito desde a perspectiva do pensamento histórico e dos discursos historiográficos. En realidade, fronteira e infinito poden ser postos en relación – máis ou menos directa – con espazo e tempo, as coordenadas que enmarcan toda narración histórica.
Ligazóns de interese:
http://www.iicm.pt/pt/wp-content/uploads/2015/02/Infinito-Daniel-Taboas.pdf
http://www.iicm.pt/pt/mateus-doc-viii-infinito