
Noelia Parajuá Carpintero
Investigadora postdoutoral Juan de la Cierva
ORCID: 0000-0001-9202-308X
Noelia Parajuá Carpintero (Castroverde, 1992) é Doutora en Historia Económica (cum laude e Mención Internacional, 2023) pola Universidade de Barcelona na liña de historia agraria e ambiental. Máster Oficial en Internacionalización: aspectos Económicos, Empresarias e Xurídico-Políticos (Premio Extraordinario Fin de Máster, 2017) tamén pola Universidade de Barcelona.
Actualmente é investigadora postdoutoral Juan de la Cierva (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e membro do CISPAC na liña Historia e Agroecoloxía. Para facer o seu doutorado contou cunha bolsa FI da AGAUR/Generalitat de Cataluña (2019-2022).
A súa principal liña de investigación é a interacción entre sociedade e ecoloxía tomando coma punto de entrada o sistema alimentario, a súa relación co capitalismo, e as dinámicas detrás das súas transformacións no pasado e de cara ao futuro.
Foi investigadora visitante no grupo de Socioloxía Rural da Universidade de Wageningen, Países Baixos (2022). Participou en varios proxectos nacionais dende o seu doutorado, e como investigadora postdoutoral participou no proxecto europeo Next-Generation AGROSCALING dirixido a promover a transición agroecolóxica en Europa (2024).
Os seus traballos foron publicados en revistas científicas como Ecological Economics, Historia Agraria e a Revista de Economía Crítica, así como en revistas de divulgación como os Dosieres Ecosociales de FUHEM e os Dossiers Tècnics do Departament d'Acció Climàtica, Alimentació i Agenda Rural (DACC) da Generalitat de Catalunya. Tamén foron presentados en diversos congresos internacionais, incluíndo a EURHO Rural History Conference, a conferencia da International Initiative for Promoting Political Economy (IIPPE), ou a International Degrowth Conference. É membro do consello editorial da revista Historia Agraria, e entrevistadora habitual no podcast de divulgación Tiempos Agrarios desa mesma revista.