Telmo Otero Rodríguez

Telmo Otero Rodríguez

Bolseiro FPI
curriculum

ORCID: 0000-0002-9920-4825

 

 

Telmo Otero Rodríguez (Sober,1991) Grado en Historia (2013), Máster en Historia Contemporánea (2014) e Máster en Planificación y Desarrollo Territorial (2015). Actualmente realiza a súa tese sobre especialización láctea, industria e transformacións agropecuarias dentro do proxecto de investigación estatal Los vectores del cambio estructural de las agriculturas atlánticas ibéricas: moto-mecanización y especialización lechera. 1920-2000. 

 

Ten participado nas últimas edicións dos congresos e seminarios máis destacados en materia de historia agraria como é a nivel nacional o XVI Congreso de Historia Agraria da Sociedad Española de Historia Agraria (SEHA) e a nivel internacional no Rural History 2017 (Leuven) e 2019 (París) da International Rural Conference da EURHO (European Rural History Organisation); e igualmente en seminarios especializados tamén a nivel nacional De la innovación campesina a un modelo de especialización láctea bajo la Revolución Verde. Europa en el S.XX (Santiago de Compostela 2018) e internacional Animal husbandry in 20 th Century Europe: Policies, trade, animal and public health, breeding and production systems before and during the Green Revolution (Uppsala 2019). 

 

A súa formación inclúe unha estadía de tres meses nun centro extranxeiro de I+D, a Swedish University of Agricultural Science onde traballou coa Division of Rural and Agrarian History - Deparment of Urban and Rural Development e actividades complementarias formativas como o curso internacional ICOHTEC Summer School & 45th ICOHTEC Symposium, (St. Etienne 2018).

 

Ten publicado os primeiros resultados da súa investigación no capítulo La especialización láctea en Galicia: indicios de una difusa y tardía consolidación 1920-1975 pertencente á serie monográfica da revista Historia Agraria da SEHA. O seu traballo Origen y consolidación de la especialización láctea en Galicia: Un análisis de cara al presente y el futuro del rural gallego (1920-2017) supúxolle o premio de investigación Jesús García Calvo (2018) sobre Cooperativismo y Desarrollo Agrario. 

messages.latest-publications