Bruno Esperante Paramos

Bruno Esperante Paramos

Profesor Permanente
curriculum

ORCID: 0000-0002-5814-7983

 

Bruno Esperante (A Baña, 1988) é Profesor Permanente de Historia e Institucións Económicas no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

Licenciado en Historia (2013 USC), Máster con Premio Extraordinario en Historia Contemporánea (2014 USC), Máster en Formación do Profesorado (2020 UNED), e Doutor con mención internacional en Historia (2020 USC) coa tese: “A moto-mecanización da agricultura en Galiza (1939-2000): políticas de innovación, mercados e comunidades labregas” galardoada co VII Premio Valentín Paz Andrade á mellor tese de Economía de Galiza do ano 2020.

 

Foi investigador posdoutoral Juan de la Cierva-Formación (2020) no Departament d’Història Econòmica, Institucións, Política i Economía Mundial da Universitat de Barcelona (UB), e Profesor Axudante Doutor de Historia e Instituciones Económicas no Departamento de Economía Aplicada, Estrutura e Historia da Universidad Complutense de Madrid (UCM) no curso 2022/2023. 

 

Conta cunha ampla traxectoria de estadías de investigación realizadas na Universität Zürich (Zürich, 2024), Universidade de Coimbra (Portugal, 2022), Trinity College of Dublin (Irlanda, 2018); Purdue University (Estados Unidos, 2017) e na Swedish University of Agricultural Science (Suecia, 2016).

 

As súas liñas de investigación céntranse na historia do cambio tecnolóxico e da innovación na agricultura, así como na industrialización da gandaría, o agronegocio e os impactos ambientais producidos en Europa no séculos XIX e XX.

 

Ten publicado en varias revistas internacionais como a Rural History, Investigaciones en Historia Económica, Historia Agraria e Historia Industrial. Obtivo o XVII Premio Ramon Garrabou ó mellor artigo de Historia Agraria publicado nos anos 2023 e 2024 na Península Ibérica e Latinoamérica, así como o Premio Felipe Ruiz Martín ó mellor artigo de Historia Económica publicado no ano 2021 en España. Tamén conta con publicacións de carácter divulgativo, colaboracións en prensa, e contribucións a plataformas virtuais de acceso aberto como “Environment & Society Portal, Arcadia” editada polo centro Rachel Carson Center xunto coa Ludwing Maximilians Universität-München (LMU München).

 

Últimas publicacións