Open Call para o I Congreso Internacional da Rede Galega de Estudos Queer

HISTAGRA no I Congreso Internacional da Rede Galega de Estudos Queer O Grupo de investigación HISTAGRA participa a través da investigadora Daniela Ferrández e do investigador/colaborador Francisco G. Quiroga na organización do I Congreso Internacional da Rede Galega de Estudos Queer Os estudos queer/cuir e LGBT+ crecen cada día contando cada vez con máis referentes, obras e correntes de pensamento aos que recorrer. Esta expansión implica tamén a necesidade de creación de novos espazos académicos accesibles a todas as persoas que mostren interese por estes temas, sobre todo en momentos políticos coma os que vivimos que fan estes lugares de encontro máis necesarios que nunca. Por ese motivo a Rede Galega de Estudos Queer avoga pola creación de lugares d...