Presentación do Libro Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea

Presentación do Libro Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea. Homenaxe ao maxisterio de Ramón Villares

 

O próximo martes día 14 de decembro ás 13 horas procederemos á presentación do Libro Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea.


 

https://histagra.usc.es/es/publicacions/633/a-volta-do-tempo-estudos-de-historia-contemporanea
 


 

O acto será na Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia ás 13 h. e estará presidido polo Decano da Facultade Marco V. García Quintela, e na mesa participará en nome dos editores Lourenzo Fernández Prieto e dos autores, Concha Varela.


 

Contaremos co homenaxeado, Ramón Villares.


 

Sobre a publicación:

 

Este libro ten unha razón de ser tan simple como esencial: a de reunir contribuíntes que, sendo profesores e profesoras nas universidades, presentaron no seu momento teses de doutoramento dirixidas por Ramón Villares. Co seu maxisterio, dende aquel tempo da transición da ditadura á democracia, o da súa xeración, Villares liberou a explicación do pasado das servidumes políticas para interpretar o presente coas chaves do historiador con conciencia cívica. Estas páxinas queren ser, pois, un recoñecemento ao mestre que está na orixe do noso ser universitario.