HISTAGRA participa na web serie San Simón, a colonia penitenciaria
HISTAGRA colabora na realización da web serie San Simón, a colonia penitenciaria Esta webserie documental é un relato distinto sobre a illa que se converteu no símbolo da violencia franquista, do exterminio e da inxustiza. Unha ollada histórica que fusiona a animación co xénero das entrevistas. Un formato innovador para abordar o impacto que causaron a guerra civil española e a ditadura na vida dos galegos e as galegas. Dirixida por Miguel Ángel Delgado en 2022, conta co asesoramento do Grupo HISTAGRA, así como coas intervencións de Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Miguez Macho, Conchi López, Xabier Buxeiro, Aldara Cidrás. A web serie consta de cinco capítulos de 8-10 minutos de duración onde se narra de xeito ameno o comezo e as consecuencias da violencia franquista en G...