HISTAGRA incrementa o número de membros de investigación
HISTAGRA consegue no primeiro semestre de 2024 varios contratos de investigación pre e post doutoral
O Grupo de Investigación HISTAGRA, incrementa o número de persoal investigador no primeiro semestre de 2024 coa incorporación dunha investigadora predoutoral, Virginia Mosteiro Cagide e catro investigadores/as posdoutorais: Tamara López Fernández, Uxia Otero González, Antonio Giráldez López e Luis Toledo Machado.
Virginia Mosteiro Cagide (Melide, 2000) é graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela e mestrado en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade de Zaragoza (2023). Actualmente é contratada FPU na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.
Tamara López Fernández (Lugo, 1994) é graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural pola USC e doutora desde 2023 pola mesma universidade. Actualmente é investigadora postdoutoral da USC. A súa principal liña de investigación é a delincuencia común no primeiro franquismo, a historia social e cultural, a violencia económica e a delincuencia común. É investigadora Posdoutral da Xunta de Galicia
Uxía Otero González (Cervo, 1992) é doutora en Historia Contemporánea, coa tese «Domesticando corpos femininos no franquismo (1939–1975): a (re)modelación da feminidade normativa e a súa encarnación sartorial na transición dos cincuenta». É investigadora Posdoutral da Xunta de Galicia
Antonio Giráldez López é arquitecto pola Universidade da Coruña e Máster en Proxectos Arquitectonicos Avanzados (UPM, 2015). Doutor (sobresaliente cum laude, 2020) en Proxectos Arquitectónicos Avanzados pola Universidade Politécnica de Madrid. É investigador Posdoutral da Xunta de Galicia.
Luis Toledo Machado (1994) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidad Autónoma de Madrid (2023). Graduado en Historia (2016) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (2017) pola mesma institución. É investigador Posdoutral da Xunta de Galicia.