HISTAGRA na Presentación da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta e do Festival da Alimentación Sostible do Eo

HISTAGRA na Presentación da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta e do Festival da Alimentación Sostible do Eo Onte xoves, 30 de xuño de 2022, ás 19.00 horas, no Espazo APEGO da Casa de Cultura de Ribadeo, tivo lugar a presentación pública da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta e do Festival da Alimentación Sostible do Eo. Na presentación estiveron as persoas representantes dos diferentes axentes que impulsan o proxecto Eo Alimenta: produtoras, concellos, consumidoras, grupos de desenvolvemento rural, a universidade de Santiago a través do Grupo HISTAGRA e o CISPAC e sindicatos agrarios. Tamén, representantes do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo, organismo que financia o Festival da Alimentación Sostible do Eo, que se celebrará os días 23 e 24 de setembro...