Actualidade

Roteiro Deconstruír o franquismo o 1 de febreiro

Que xestión se fixo a nivel local dos vestixios da Guerra do 36 e o franquismo? Cales son os retos pendentes no eido da memoria histórica na nosa cidade? Que podemos facer como cidadás? Estas e outras preguntas terán espazo o vindeiro sábado 1 de febreiro no Roteiro "Deconstruír o franquismo", unha actividade que nace coa vocación de promover a reflexión pública sobre as políticas de xestión das pegadas do franquismo en Compostela. Constitúe un complemento á mostra do mesmo nome, instalada na Alameda desde o 23 de xaneiro até o 6 de febreiro, permitindo afondar nos contidos e compartir reflexións con outros axentes. Da man da cooperativa Rexenerando, visitaremos algúns espazos da cidade significativos para a memoria, artellando o percorrido en base aos cinco grandes conceptos que...