PRESENTACIÓN DO LIBRO LA CONQUISTA DE LA TRANSICIÓN

HISTAGRA organiza a presentación do libro LA CONQUISTA DE LA TRANSICIÓN
O xoves día 24 de marzo de 2022 ás 19 h. na Facultade de Historia, presentaremos o libro La conquista de la transición. Memorias documentadas, obra do catedrático de dereito Óscar Alzaga.
Datos:
Data: 24/03/2022
Título:Presentación do libro: La conquista de la transición
Participantes: Óscar Alzaga, Catedrático de Dereito e autor do libro; Francisco Caamaño, Catedrático de Dereito na UdC e ex ministro de Xustiza; Pedro Puy, Profesor de dereito USC e deputado do Grupo Parlamentario Popular de Galicia.
Presenta: Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC e IP de HISTAGRA
Hora: 19 h
Lugar: Facultade de Historia. Aula Magna
Sobre a publicación:
Esta obra ten a súa orixe na preocupación do seu autor por un feito ocorrido a comezos da transición: certas figuras, provenientes do franquismo e que ocupaban posicións crave no primeiro Goberno de UCD, deron orde de queimar a práctica totalidade da documentación conservada en arquivos policiais da Garda Civil e doutros organismos que asumiran a represión ditatorial. Dificultouse así que os historiadores puidesen coñecer a dialéctica real que se despregou entre quen sostivo o franquismo e quen fixo inevitable, á morte de Franco, a asunción dunha democracia inspirada en modelos europeos. O autor deste libro, que militara desde que era un mozo universitario na oposición democrática ao franquismo e padecido diversas sancións, considerou un deber moral reconstruír a verdade histórica que vivira
Acto presencial e transmitido por teams:
https://teams.microsoft.com/l/team/19%3a56690ec7d7fc46979b4554097b17fd41%40thread.tacv2/conversations?groupId=88e447bc-d5f8-46c3-bfb1-bf6fa105deee&tenantId=8f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b