HISTAGRA no Día do Produto Local de Ribadeo. 18-7-2021

HISTAGRA co-organiza o Día do Produto Local de Ribadeo

 

Ribadeo prepárase para acoller este domingo, 18 de xullo o día do produto local cunha mañá chea de actividades na contorna da Praza de Abastos. Arredor das 11.30 da mañá terá lugar a presentación da estratexia participativa EO Alimenta, apoiada pola Fundación Daniel & Nina Carasso e coordinada polo Grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago e que conta co apoio do SLG, dos concellos de Ribadeo, Castropol, e Vegadeo, así como a Fundación EDES-Finca el Cabillón e o GDR Oscos-Eo, e o GDR Terras de Miranda. Con esta estratexia preténdese, chegar entre todas as persoas participantes a unha maior autonomía alimentaria a ambas beiras do Eo. As persoas produtoras locais, protagonistas desta estratexia, darán unha rolda para tódolos asistentes. Unha vez rematada a rolda, Borja Picón amenizará coa súa músicae os bares da contorna ofrecerán tapiñas elaboradas con produtos da horta.

 

A fenda alimentar no Eo, datos para o reequilíbrio 

 

A Fenda Alimentar é simplemente o resultado de comparar a produción de alimentos co seu consumo nun territorio determinado, pode ser unha conca, unha comarca ou un estado. Enmárcase dentro do que se entende por análise xeral do Desequilibrio Subministro-Demanda de Servizos Ecossistêmicos, sendo evidentemente a produción de alimentos un deses servizos. A identificación dos desequilibrios axuda a diminuír as tensións entre o ser humano e o territorio, asi como facilita o deseño de camiños baseados no Concepto de Desenvolvemento Sustentábel a nivel local, nacional etc

 

 

info: https://eoalimenta.ribadeo.org/

Documentos