Presentación: Azúcar. Una historia de la civilización humana Ulbe Bosma (Universidad Libre de Ámsterdam)

HISTAGRA organiza a presentación do libro: Azúcar. Una historia de la civilización humana de Ulbe Bosma (Universidad Libre de Ámsterdam)

 

O próximo día 31 de xaneiro ás 12 da mañá na Facultade de Xeografía e Historia, o profesor da Universidade Libre de Amsterdam, Ulbe Bosma presentará a súa última publicación, Azúcar. Una historia de la civilización humana. Estará acompañado polo IP de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto.

 

Ulbe Bosma é Doutor en Historia pola Universidade de Leiden e profesor de Historia Social Comparada Internacional na Universidade Libre de Ámsterdam. Os seus principais campos de interese son as historias do traballo, a migración laboral internacional e as fronteiras dos produtos básicos.

 

A historia mundial do azucre e a historia mundial do capitalismo están estreitamente vinculadas entre si. Ulbe Bosma, neste primeiro relato verdadeiramente global dunha mercadoría tan crucial, lévanos aos campos dos campesiños indios, as casas de comercio dos mercadores chineses, os esforzos monopolizadores dos industriais de Nova York e as rebelións dos traballadores escravizados do azucre en Cuba para trazar como algo tan mundano chegou a desempeñar un papel crucial na creación do mundo que habitamos hoxe. Este libro é historia global na súa mellor expresión

 

Datos:

 

Data: 31/01/2025
Título: PRESENTACIÓN DE LIBRO. Azúcar. Una historia de la civilización humana
Relator: Ulbe Bosma (Universidad Libre de Ámsterdam)
Hora: 12:00 h
Lugar: Aula13. Facultade de Xeografía e Historia

 

Documentos