A débeda labrega no pensamento galeuscano do primeiro terzo do século xx. Unha primeira aproximación
Álvarez Sánchez, M.A. (2026): "A débeda labrega no pensamento galeuscano do primeiro terzo do século xx. Unha primeira aproximación", en Sanfiz Arias, R. e Fernández Prieto, L. (eds.), Un século de nacións. Galicia, Euskadi e Catalunya, Gijón, Trea, p. 39-48
A tendencia que xeran as dinámicas institucionais propias da moderna constitución política dos mercados na era capitalista, é ao paso da «propiedade raquítica de moitos na propiedade xigantesca duns poucos».1 Axudada polo desenvolvemento da «forma cooperativa do traballo a unha escala cada vez maior, a aplicación técnica consciente da ciencia, a explotación sistemática da terra… [e] a absorción de todos os países na rede do mercado mundial».2 Unha dinámica expropiatoria e de dependencia mercantil con orixe en Inglaterra, e que non se limita ao proceso de formación do modo de produción capitalista, senón que se reproduce de forma continuada dende ese momento ata a actualidade.