HISTAGRA recomenda que visitedes a Web de patrimonio documental, fotográfico e cinematográfico, RURALMEDIA

O proxecto RURALMEDIA nace do intercambio de experiencias entre unidades (Cinemateca e Mediateca) dos Ministerios de Agricultura de Francia, España e Países Baixos, responsables da xestión do patrimonio documental, fotográfico e cinematográfico, producido polos citados Ministerios e que se considera de gran utilidade para o coñecemento das agriculturas, da políticas agrarias e da sociedade rural na nosa actual sociedade da imaxe.

O obxectivo principal de RURALMEDIA consiste en difundir e transferir as experiencias e materiais do traballo compartido na recuperación e valorización do material multimedia que trata sobre o medio rural nos diferentes países.

En pleno proceso de consolidación esta rede organízase con encontros anuais, e poderedes consultar alí, xunto a outros contidos, unha colección de documentais de especial interese para o coñecemento da historia rural, agraria e forestal.

Entre os títulos dos documentais que se poden visionar na web están: "La mujer y la comunidad rural" (1969), "Una Mirada sobre las mujeres en la Agricultura y en el mundo Rural (1948-1968)" (2008),

"La extensión agrícola en España" (1959) e "La capacitación forestal" (1972) entre outros.

Tamén pódense ver películas de Francia e Holanda, por exemplo: "Comment se fait le fromage en Hollande" (1910), "La dot de Sylvie" (1951) e "Overstag, Sicco Mansholt" (1908 - 1995)".