Call for Papers para o Mateus DOC Galicia I – Migración

Os membros do Grupo HISTAGRA, Ramón Villares e Daniel Lanero están a coordinar oprimeiro Mateus DOC Galicia, que se celebrará en Santiago de Compostela na Casa Europa da USC entre os días 18 e 20 de setembro de 2015.
O obxectivo é reunir un pequeno grupo de entre 10 e 12 investigador@s, dispost@s a discutir conxuntamente durante un fin de semana en Santiago de Compostela, cuestións comúns a este tema, facendo converxer perspectivas e puntos de vista de diversas disciplinas.
Os papers presentados e os resultados dos debates serán publicados nun formato análogo ao que ven realizando o Mateus-DOC para as oito convocatorias xa celebradas.
Está aberta a invitación para a presentación de propostas a través do envío dun borrador do tema proposto (600 palabras) acompañado dun CV actualizado e dunha carta de presentación do grupo ou centro de procedencia utilizando as canles ofrecidas polo Instituto Internacional Casa de Mateus e o Consello da Cultura Galega.
O IICM é unha asociación cultural de carácter internacional que congrega universidades e socios con carácter individual, con sede na Casa de Mateus, e que ten por obxectivo contribuír a fomentar o debate e o intercambio científico e cultural dos diversos actores da sociedade actual.
Ligazóns de interese:
http://www.iicm.pt/pt/regulamento-mateus-doc-ix-migracoes/
http://www.iicm.pt/pt/gl/2015/03/invitacion-a-propostas-mateus-doc-galicia-i-migracion/
http://www.iicm.pt/pt/formulario-para-inscricao-no-mateus-doc-ix/
http://consellodacultura.gal/noticia/4101
http://www.iicm.pt/pt/